SOPRODEN

Fundación para a promoción e o desenvolvemento da prótese dental

Provenza, 337, 3º- 1ª - Tel. / Fax (93) 459 40 30

correo-e: soproden@infomed.es

08037 BARCELONA

 

A Fundación para a Promoción e o Desenvolvemento da Prótese Dental – SOPRODEN- goza de personalidade xurídica propia, plena capacidade de actuación e total autonomía económico-administrativa. O seu ámbito é nacional e a súa sede social está establecida en Barcelona, rúa Provenza, 337 3º-1ª, sen prexuízo de que o Padroado poida, en diante, mudarse do devandito domicilio a outro lugar da mesma localidade ou calquera outra no territorio nacional.

SOPRODEN tenta, por tódolos medios ó seu alcance, e através das canles legais establecidas ou que se puideran establecer, acada-los seguintes obxectivos:

Fomentar mediante a investigación, docencia e exercicio de prácticas, o perfeccionamento profesional de quen se dediquen ou pretendan dedicarse ás actividades propias do sector protésico-dental.

Promover e organizar congresos, simposios, conferencias, coloquios, seminarios, cursos e todas cantas actividades poidan contribuír a mellorar, mediante o intercambio de experiencias, á calidade do servicio que prestan os profesionais do sector.

Constituír e fomenta-la constitución de grupos e comisións de estudio sobre materias científicas propias do sector, ben como a divulgación por calquera medio de difusión dos resultados obtidos.

Promove-lo recoñecemento dos profesionais do sector, divulga-los servicios que eles prestan e as técnicas e metodoloxía utilizadas na elaboración de próteses dentais.

Establecer, manter e fomentar contactos e vínculos asociativos e de colaboración con outras Entidades, Asociacións, Confederacións, etc…. de análoga natureza.

Así pois, baseándose na defensa e realización destes obxectivos, SOPRODEN organiza cada exercicio anual diferentes cursos e conferencias en diferentes cidades e sobre diferentes especialidades da prótese dental. Isto posibilitou establecer importantes relacións con varias universidades españolas e colexios de odontólogos. Asemade, a nosa Fundación edita dende Maio de 1985 unha revista de carácter científico, que na actualidade ten publicado 32 números. Esta é unha das publicacións do sector con maior prestixio do país.

Ademáis, anualmente lévanse a cabo as XORNADAS DE SOPRODEN. Estas xornadas celébranse cada ano nun lugar diferente da xeografía española.


Presidente: NARCIS ROS I ASMARAT
Vicepresidente: BETTINA CORTÉS SÁNCHEZ
Secretario: JOSÉ MIGUEL MAYOS ROCA
Vicesecretario: JOSÉ MIGUEL ROJAS PAYÁ
Tesorero: BERNAT PUJOL I BOIRA
Vicetesorero: JOAN OLIVA I MANENT
Vocales:

JOSÉ ÁNGEL ÁVILA CRESPO
FERNANDO OCHOTECO GARCIA
MANUEL RUÍZ AGENJO
JOSEP SERRA I PRAT
JOSEP TORRENTS NICOLÁS
DANIEL SOLÀ I MARTÍN