Revista
- Punto de Encuentro -
Punto Histórico

Volver a la Página Principal

FLORESTÁN AGUILAR E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

   Dr. D. José María Suárez Quintanilla
   Estomatólogo

   Os profesionais no noso país foron admitidos sen ningún tipo de problema ata principios do seculo XX. Sen embargo a situación foi cambiando a medida que os Cirurxiáns Dentistas foron adquirindo número a conciencia de clase, coincidindo coa instauración do título de Odontoloxía ó comenzo do século XX.

   Fronte ós que obtiñan o seu título en Odontoloxía de forma legal encontrábanse os que o obtiveran no Colexio Espanol de dentistas ou ben os que emigrando a través de Cuba conseguiran o Doctor Dental Surgery Americano. Esta circunstancia viuse agravada coa firma de diversos convenios establecidos a partir de 1911 con México, Colombia, O Salvador, Honduras...etc.

   Unha das figuras paradigmáticas da nosa especialidade, Florestán Aguilar, obtivera o título de Oral Surguery en Pensilvania e xa era profesor da Facultade de Odontoloxía de San Carlos, cando decidiu validar o seu título e finalizar os seus estudios de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

   O 16 de maio de 1906 enviou unha instancia ó Rector da Universidade, na que solicitaba a validación dal material que xa cursara previamente. No escrito que recolle o seu expediente académico, solicitaba a matrícula para as discipinas de Patoloxía Xeral, Terapéutica, Patoloxía Cirúrxica, Patoloxía Médica e Anatomía Patolóxica. O 21 de agosto desde mesmo ano, complementa o anterior escrito solicitando ampliación de matrícula para as disciplinas de obstetricia, Anatomía, Patoloxía Cirúrxica II, obtendo a cualificación de aprobado en todas elas.

   Inicialmente a Universidade de Santiago de Compostela denegara a través do seu Secretario Xeral a posibilidade de validación das materias mediante varios escritos enviados ó propio Florestán Aguilar, sen embargo e gracias á amizade personal que lle unía con El-Rei Afonso XIII, este decreta unha Real Orde pola que se comunica á Universidade de Santiago de Compostela, a validez de tódolos documentos presentados por Aguilar.

   "...0 Sr. Ministro comunicame con esta orde...

   Ilmo. Sr. Vista a instancia de Don Florestán Aguilar en súplica de que se conceda validez oficial ás materias correspondentes ós grupos 3º, 4º e 5º, que aprobou sen dito requisito na Universidade de Santiago de Compostela..S.M. El Rei-tivo a ben acceder ó solicitado..."

   Existían dúas razóns poderosas para que Florestán Aguilar, un dos para que Florestán Aguilar, un dos dentistas con máis fama de Madrid e dentista con máis fama de Madrid e dentista de cámara e amigo persoal de Afonso XIII, finalizase os seus estudios de Medicina na entonces Universidade de Provincias de Santiago de Compostela. Por un lado, a súa enérxica oposición fronte ós que entonces pensaban que os estudios de Odontoloxía nos debían desvincularse da licenciatura de Medicina e en segundo lugar o pasar desapercibido á hora de conseguir a totalidade das validacións.

   A Real Orde que deu lugar ó conflicto con Florestán Aguilar estivera propiciada tamén pola influencia directa do Ministro de Educación, o cal suxerira a Florestán a posibilidade de que estes trámites os levase a cabo a través da Universidade de Santiago.